AYUDAS

Abanca e Pataca de Galicia dan novos créditos para o sector

os produtores de pataca poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización amplos

A entidade Abanca e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia asinaron un novo convenio financieiro que proporcionará novas opcións de crédito para os agricultores. Ao acto asistiron a directora de zona de Abanca en Ourense sur, María José López, e o presidente da IXP, Guillermo Budiño. 

Este convenio poñerá a disposición dos profesionais da pataca un catálogo de produtos con alternativas. Poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización amplos, xuros baixos e sen algunha das comisións máis habituais. A oferta complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento mediante "leasing", avais e anticipos de subvencións ou impostos. 

Os productores da IXP tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Te puede interesar