música

A Agrupación da Limia celebrará este ano o Outono Musical

a entidade limiá promoverá varias actividades culturais e musicais ata o vindeiro mes de decembro

A Agrupación Musical da Limia celebrará este ano, por primeira vez, o programa Outono Musical que constará de diversas actividades que se prolongarán ata o vindeiro 7 de decembro. Neste senso, o día 20 de outubro, Iván Maia Boullosa, ofrecerá un obradoiro sobre mantemento e coidado de instrumentos de vento. 

Tamén neste mes, ao longo da xornada do día 27, terá lugar unha xuntanza de bandas xuvenís entre as que participarán a Banda de Música de Rubiós e a Banda Xuvenil da Limia, que se reunirán no auditorio da Casa da Cultura. Do 31 de outubro ao 1 de novembro Douglas Bostock impartirá varios cursos formativos na Escola Galega de Dirección de Banda de Música. 

Xa en novembro, a agrupación limiá acudirá ao Certame Galego de Bandas de Música en Santiago de Compostela. 

O día 10 do vindeiro mes, a igrexa nova de Santa Mariña acollerá a actuación da Agrupación de Música de Belesar que ofrecerá un concerto a partir das 20,00 horas da noite. Sete días máis tarde, as corais Santa Mariña, Club Artístico de Ribadavia e a Polifónica de Maceda reuniranse nun festival que terá como escenario a igrexa vella limiá. 

O 24 de novembro será a conmemoración de Santa Cecilia e, xa en decembro, a Banda de Música de Arcade estará na casa da cultura ás 20,00 horas. O curso de Jan Cober poñerá o broche de ouro ao cartel de actos o 5, 6 e 7 de decembro.

Te puede interesar