O alcalde de Os Blancos pide axudas para o abastecemento

O obxectivo é acadar unha mellora na infraestrutura hidráulica do concello de Os blancos

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo recentemente unha reunión de traballo co alcalde de Os Blancos, José Manuel Castro Blanco, co obxectivo de analizar a situación con respecto ao saneamento e do abastecemento deste concello da comarca de A Limia. 

O rexidor local transmitiulle á responsable de Medio Ambiente da Xunta de Galicia unha serie de demandas co obxectivo de acadar a mellora da infraestrutura hidráulica do municipio. 

Mato e Castro coincidiron na necesidade de poñer en valor novas actuacións que completen as obras xa executadas como é o caso da mellora nas redes de abastecemento, a reforma e acondicionamento da fosa séptica sita de Cuquexos ou as captacións de auga no concello de Os Blancos. Trátase de tres actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia que suman na súa totalidade un importe de case 300.000 euros. 

A conselleira de Medio Ambiente transladou a colaboración de Augas de Galicia naquelas actuacións que melloren as infraestruturas hidráulicas nos concellos, como no caso de Os Blancos, e que permiten mellorar a calidade das augas, así como a prestación deste servizo aos galegos. 

Te puede interesar