URBANISMO

Aprobación provisional do PXOM de Os Blancos

<p></p>
photo_camera Casa do Concello en Os Blancos

A norma entrará en vigor cando a Administracion galega lle dea luz verde

O Concello de Os Blancos abordou no pleno extraordinario desta semana, a aprobación provisional do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal. A redacción do Planiniciouse no ano 2007 e retomouse no ano 2012, despois de que o Consistorio actualizase os pagos á consultora especializada que comezara a redacción dos documentos co anterior goberno local.

O Concello empregou os catro últimos anos para conseguir todos os informes sectoriais favorables. A última das aprobacións requeridas foi a vencellada coa delimitación de zonas arqueolóxicas de Os Blancos. Nesta localidade hai varios emprazamentos, como o Foxo dos Lobos ou a Igrexa Paleocristiana, catalogados como bens arqueolóxicos.

Outra das modificacións feitas foi a ampliación da delimitación da zona rural na parroquia de Nocedo, os lugares de Loureses e Fonte Arcada, e o propio núcleo de Os Blancos. Deste xeito, as casas do término municipal que na actualidade están illadas do termo municipal quedarían afectadas pola nova normativa. O plan xeral recolle tamén o cambio de emprazamento da zona industrial de Covelas a Os Blancos. O obxectivo é ampliar o laboratorio de ensaio de pellets para convertilo nunha fábrica para a venda deste combustible.

Un dos puntos de maior importancia é o que ten que ver coa otorgación de licenzas de obra para a construcción de novas vivendas. Ata o momento, Os Blancos está considerado como zona rústica, polo que soamente é posible rehabilitar ou reformar.

O documento será remitido á Xunta nos vindeiros días para a súa aprobación definitiva.

Te puede interesar