CULTURA

A Arca da Noe presenta nova programación para xaneiro

A taberna cultural de vilar de Santos empeza o novo ano con actuacións musicais, poesía e banda deseñada

A taberna cultural A Arca da Noe empeza o mes de xaneiro cunha variada programación cultural. O cantautor Anxo Blas dará un concerto o venres 6, ás 22,00 horas. O sábado 7, ás 22,00 horas, Xosé Lois Romero e o colectivo de músicos que dirixe, Aliboria , achegaranse ata Vilar de Santos para mostrar un estilo que combina cantos enxebres con novos arranxos para a percusión tradicional. 

O sábado 14 de xaneiro, ás 22,00 horas, a Arca acollerá o segundo traballo discográfico de Brigada Bravo e Díaz, “Músicas populares da Gran Guerra”, no cal exploran a cultura musical popular durante a Primeira Guerra Mundial. O domingo 15 de xaneiro, ás 13,00 horas, o encargado de amenizar a xornada será o músico e compositor Braishtalung. O venres 20 de xaneiro, ás 21,00 horas, Xico Paradelo  presentará “História da Língua em Banda Desenhada” e ás 22,00 horas actuará Pablo Sanmamed Trío.

Feminino Plural ofrecerá un concerto para os máis pequenos o 21 de xaneiro ás 18,00 horas. Pouco máis tarde, ás 22,00 horas, haberá tamén concerto de Sapoconcho. A última fin de semana do mes actuarán Trilitrate, o día 27 ás 22,00 horas, Grüzvilla, o 28 ás 22,00 horas e Phono Sonus, o domingo 29 ás 20,00 horas.

Te puede interesar