MELLORAS

A avenida de Madrid de Xinzo terá un investimento de 285.000 euros

O estado actual que presentan as beirarrúas da avenida de Madrid de Xinzo.
photo_camera O estado actual que presentan as beirarrúas da avenida de Madrid de Xinzo.

Ricardo Sieiro anunciou que o Concello quere rehabilitar o último tramo, ubicado á saída de Xinzo

A Concellería de Urbanismo de Xinzo cumprirá coa súa "débeda histórica" coa avenida de Madrid logo da renovación dos dous últimos tramos que faltan por mellorar. Unhas intervencións que o edil de Obras, Ricardo Sieiro, calificou como "moi necesarias" debido a que as beirarrúas presentan serias deficiencias e non cumpren coas normas de accesibilidade establecidas. "Todas las aceras desde la plaza mayor hasta ese punto están renovadas menos esos tramos", subliñou o concelleiro popular.

A primeira fase será financiada pola Xunta de Galicia - a través da Axencia Galega de Infraestruturas- dentro do proxecto global da avenida de Celanova de dous millóns de euros e que incluirá dito vial, a futura circunvalación da vila e o arranxo do tramo comprendido entre o cruce coa rúa San Sebastián e a avenida de Portugal. En total invertiranse, segundo acaba de publicar de xeito definitivo o Concello de Xinzo, 285.040 euros. Aínda que os fondos serán da administración autonómica, será a entidade local a encargada de adxudicala.

As obras consistirán na renovación das redes de abastecemento e saneamento, e a remodelación das beirarrúas, das que o seu futuro deseño será mais accesible para aquelas persoas con mobilidade reducida. Neste senso, o Concello acaba de publicar os pregos administrativo e técnico para licitar estas actuacións. "Queremos adjudicarlas lo antes posible para empezar las obras en estos meses", explicó Ricardo Sieiro quen ademais adiantou onte que o obxectivo do goberno local é completar a remodelación ata a saída de Xinzo pola propia avenida "en cuanto se pueda".

O prazo da execución das obras está fixado nun prazo máximo de tres meses dende que se proceda á concesión do contrato público. Nesta liña, terán maior puntuación aquelas propostas que oferten a reducción deste prazo, así como a ampliación da garantía establecida.

Dende o consistorio limiao valoraron positivamente a futura execución destas obras que se farán para dar resposta a unha "importante necesidade urbanística" da capital comarcal, así como para dar cumprimento á normativa de accesibilidade. O resto do proxecto para a avenida de Celanova estará suxeito a modificacións puntuais para adecualo ás peticións e demandas veciñais.

Te puede interesar