CONCELLO

Axuda de 40.000 euros para un proxecto social do Centro Rural O Viso

a agrupación desenvolverá un proxecto integral na comarca da limia a través de servizos de proximidade

A entidad financiera 'la Caixa' ven de conceder, a través da súa Obra Social, 55.000  euros destinados a dous proxectos de acción social no ámbito rural. Dos 49 proxectos seleccionados nesta convocatoria, dous serán desenvoltos nos concellos de Xinzo de Limia e Cualedro.


O obxectivo é "ofrecer ás persoas das aldeas o maior grao de benestar físico, psicolóxico e social " a través duha acción integral que interveña na "prevención e na dependencia para fomentar a autonomía dos maiores".
O programa está aberto a todas aquelas organizacións sen ánimo de lucro que traballen a prol "de colectivos en risco de exclusión social". As dúas institucións beneficiarias do rural Ourensán son o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso e a Cruz Vermella. A primeira executará un "proxecto integral de intervención na comarca da Limia con servizos de proximidade", que terá como beneficiarias a case mil persoas e cuxo importe concedido alcanza os 40.000 euros.


 O proxecto presentado pola Cruz Vermella terá como beneficiarios a medio milleiro de persoas e consistirá na contratación dun profesional itinerante que dinamizara os entornos rurais cos nosos maiores. A contía da axuda para esta iniciativa supera os 14.000 euros.

Te puede interesar