CONCELLO

Baltar ofrecerá vivendas a familias en dificultades

O Concello de Baltar participará no programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia

 O Concello de Baltar ofertará vivendas desocupadas para familias en dificultades, logo de asinar o convenio de adhesión ao Programa de vivendas baleiras da Xunta de Galicia. O acordo, do que forman parte 45 Concellos galegos, fixará un prezo máximo de 250 euros no caso de Baltar e a contía específica virá determinada polas características da propia vivenda e polas circunstancias particulares dos beneficiarios.

As vivendas que se incorporen a este programa estarán dobremente aseguradas pola Xunta mediante un seguro multirrisco do fogar e outro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica. 

Te puede interesar