xornada

Baltar organiza para o sábado un debate sobre a Serra do Larouco

A mesa redonda terá lugar ás 19,00 horas na Casa da Cultura de Baltar

Baixo o título "Pasado, Presente e Futuro da Serra do Larouco", Baltar acollerá unha mesa redonda durante a xornada de mañá venres, na que se abordarán cuestións vencelladas ao medioambiente . Este debate enmárcase no contexto do festival Laroucofest e, segundo sinalan desde a organización, "o espíritu do Laroucofest quere facer fincapé na sensibilización e preservación do entorno natural". 

A mesa redonda terá lugar ás 19,00 horas na Casa da Cultura de Baltar e para entón, xa están confirmados os distintos representantes políticos que intervirán na mesa redonda. Estará presente Moisés Blanco, Presidente de la Comisión de Medio Rural en el Parlamento gallego; Davide Rodríguez, deputado no Parlamento Galego; Manuel G. Canitrot, membro fundador do Comité de Defensa do Monte Galego; Ana Belén Vázquez Blanco, deputada por Ourense no Congreso e, Xanquei, brigadista e bombeiro forestal. Tamén intervirá o Padre Fontes, historiador e etnógrafo portugués. 

Te puede interesar