INFRAESTRUCTURAS

Baltar, a piques de concluir o novo almacén municipal

O Concello pretende acabar cos roubos de material que sofre con frecuencia

Aspecto que presenta na actualidade a nave que está a construir o Concello de Baltar.
Aspecto que presenta na actualidade a nave que está a construir o Concello de Baltar.
Baltar, a piques de concluir o novo almacén municipal

O concello limián de Baltar atópase a piques de rematar a construción dunha nave co obxectivo de almacenar a maquinaria de obras e outros materiais de propiedade  municipal. O rexedor popular, José Antonio Feijóo, afirma que decidiu adquirir os terreos e construír a nave "por mor dos roubos de combustibles e doustros materis que se chegaron a producir". O concello asumiu a compra do terreo mentres que a construción da infraestrutura, que se comezou no mes de febreiro, foi financiada a través de plans provinciais da Deputación. 

O pago do terreo realizouse en oito anualidades. Pola súa banda, o proxecto de construción da nave conlevou un gasto total de 120.000 euros.

A nave ten case 300 metros cadrados e estará rematada "antes de finais de ano". Xa foron colocadas as portas de acceso e fica pendente o circuito eléctrico e o acondionamento dos accesos no entorno.

"A maquinaria estará protexida dos roubos de gasóleo e máis das baixas temperaturas do inverno", afirma Feijóo. 

En canto estea rematada a infraestrutura, o alcalde prevé instalar no interior unha oficina con persoal administrativo para que xestione o inventariado de material.

"O terreo tamén o empregaremos para outros usos municipais", comenta Feijóo,que tamén recoñece que tiveron que "solventar" algúns problemas ao estar situada xusto cara a estrada autonómica que enlaza o concello coa capitalidade comarcal, Xinzoa.

Ata agora a maquinaria e o material do concello gardábase nas instalacións do forno comunitario ou no exterior, o que facilitaba a actuación dos ladróns.