OCIO

Os Blancos pecha as datas para o festival Reina Loba

reinaloba3
photo_camera Unha das actuacións que se programaron durante o festival celebrado o ano pasado.

Celebrarase os días 10, 11 e 12 de agosto, organizado por Espacio Matrioska

Os Blancos xa ten data para un dos seus eventos máis agardados, o festival Reina Loba. Este evento, coordinado polo colectivo e asociación Espacio Matrioska, terá lugar os vindeiros días 10, 11 e 12 de agosto.  A deste ano será a terceira edición dun evento que, durante a pasada edición, logrou congregar en Os Blancos a mais de 3.000 persoas.Aínda que, polo de agora, non está pechado o cartel dos grupos que actuarán no festival, a organización adelantou que serán ao redor de 20 formacións de estilos como o rock, o folk ou o "mestizaxe" as que se darán cita no certame. Ademais de música haberá unha ampla oferta de actividades culturais, entre elas, unha ducia de obradoiros e exhibicións vencelladas ao arte, á ecoloxía e á artesanía.

Un dos desafíos para os responsables deste festival é o de que sexa o máis respetuoso posible co medio ambiente. Neste sentido, para a construcción da infraestrutura do festival, empregaranse materiais reciclados e, na mesma liña, levaranse a cabo accións como o emprego de vasos reutilizables, a reciclaxe de residuos ou o uso de "baños secos" que non empreguen ningún tipo de químico. 

Dende a organización do certame sinalan que se está traballando para acadar a mellora do campamento que se instalará preto da explanada dos concertos. "Imos a mellorar os accesos, a decoración e a información", explica Iván Prado, portavoz de Espacio Matrioska. "Merece a pena vivir esta experiencia, aínda que sexa por unha vez", engade. 

Te puede interesar