SERVIZOS

A cafetería da estación de Xinzo abrirá de novo ao público

Cafe MIradoiro Xinzo_result
photo_camera Estado actual da cafetería.

Levaba varios meses pechado debido a un cambio de xerencia

O Café Miradoiro, localizado na estación de autobuses de Xinzo, abrirá de novo as súas portas no transcurso desta semana. 

O local, xestionado a través dun convenio coa dirección xeral de Transportes, levaba varios meses pechado debido a un cambio de xerencia. Nestas semanas estase abordando unha pequena reforma interior que previsiblemente estará rematada este próximo mércores. 

Entre os servizos que ofertará o novo establecemento estarán a venda de billetes e a apertura 24 horas para os usuarios da estación.

Te puede interesar