a limia

Cativos da comarca da Limia aprenderán a facer pan

A cita será o vindeiro sábado, día 23 de marzo, en horario de 10,00 horas a 14,00 horas

Cativos da comarca da Limia están chamados a un obradoiro de pan que terá lugar en Vilar de Santos co obxectivo de adquirir destrezas, dende ben pequenos, na arte do amasado. Terá lugar no Forno Faragullas, onde elaboran pan natural de masa nai e, entre outras, aprenderán a amasar boliños de pan con diferentes sementes ecolóxicas, a facer pizzas variadas, así como nocións do proceso de forneado. 

Os promotores do obradoiro tamén ofrecerán unha charla sobre os distintos procesos de elaboración deste producto, e unha sesión de contos con el como protagonista. 

A cita será o vindeiro sábado, día 23 de marzo, en horario de 10,00 horas a 14,00 horas. Terá un custo simbólico que permitirá á organización mercar os materiais e que incluirá un xantar para os cativos, así como a posibilidade de que se leven os pans elaborados para a súa casa.

Te puede interesar