PROPUESTAS

Os cativos de Vilar de Barrio promoven a sostibilidade

O CEIP plurilingüe de Vilar de Barrio foi un dos 19 centros  de primaria de Galicia que participou no programa educativo "Recíclate con Sogama"

O CEIP plurilingüe de Vilar de Barrio foi un dos 19 centros  de primaria de Galicia que participou, durante o curso académico 2016 - 2017, no programa educativo "Recíclate con Sogama", enmarcado no "Plan Proxecta" da Xunta de Galicia. 

O centro promoveu, mediante diferentes actividades, a práctica diaria dos tres erres: "Reducir", "Reutilizar" e "Reciclar", tanto na propia escola como en diferentes puntos do municipio, co obxectivo de que sexan cada vez mais, os veciños que aposten por introducir a sostibilidade na xestión dos residuos urbanos. 

Te puede interesar