ENTROIDO 2017 | A LIMIA

A choiva non puido coas ganas de festexar o Domingo Oleiro en Xinzo

OURENSE. 12.02.2017. XINZO DE LIMIA, PLAZA MAYOR, DOMINGO OLEIRO, ENTROIDO 2017 FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Un dos participantes no xogo das olas, seguido de cerca por un público que non se asustou pola choiva e seguiu atentamente a evolución das olas o dos xogadores.

As rúas da zona vella da vila ateigáronse de xente para gozar das evolucións dos xogadores, que lanzaron máis de 300 olas

Xinzo viviu onte, da man do Domingo Oleiro, a segunda xornada dunha fin de semana repleta de tradición dentro do ciclo do Entroido. Un día festivo que estivo marcado, inevitablemente, polas precipitacións rexistradas durante toda a xornada. 

Transportado por membros da comisión e da asociación cultural A Pantalla, o carro das olas para o Oleiro Infantil partiu ás 12,30 horas dende o Museo Galego do Entroido ata a praza Maior. O mal tempo impediu ás agrupacións de gaiteiros acompañar con música o percorrido do desfile, pero moitos se animaron a facelo cantando. 

OURENSE. 12.02.2017. XINZO DE LIMIA, PLAZA MAYOR, DOMINGO OLEIRO, ENTROIDO 2017 FOTO: MIGUEL ANGELGracias ás carpas instaladas na zona vella, ao redor de 30 cativos disfrutaron do xogo das olas na praza Maior e en Xoan XXIII. 

As choivas foron máis intermitentes de cara á tarde, pero o mal tempo continuou ata o final do día. Sen embargo, os contratempos meteorolóxicos non lles amainaron as ganas de festa a moitas das persoas que se achegaron, caracterizadas dos anos 20 e 30, ata as rúas da zona vella para participar do lanzamento das olas. 

O Oleiro senior comezou ás 17,00 horas. Ao redor de 40 persoas xogaron coas case 300 olas preparadas para o xogo da tarde. Á noite continuou a festa coa música tradicional das agrupacións de gaiteiros de Xinzo e Sarreaus polas principais rúas da vila.

PRÓXIMA CITA

A vindeira cita co Entroido de Xinzo será o sábado, 18 de febreiro, coa Noite de Corredoiro. A festa iniciarase ás 21.30 horas ao ritmo das charangas. Ó día seguinte será o Domingo Corredoiro, unha das citas máis agardadas, pois traerá a primeira saída das pantallas ás rúas da vila. A animación comezará a partir das 12,00 horas e prolongarase ata ben entrada a noite. 

Te puede interesar