FORMACIÓN - EMPREGO

Os ciclos do IES Antioquía teñen unha inserción do 30 por cento

27.05.15.XINZO.DA.LIMIA.CEIP.CIDADE.DE.ANTIOQUIA.CICLOS.INFORMATICA.ELECTRONICA.FORESTAIS.
photo_camera Estudantes dun ciclo de informática no Cidade de Antioquía.

Este dato é estimado como "alto" polos responsables da bolsa de emprego sobre todo atendendo "ao mercado laboral existente na actualidade"

A bolsa de emprego creada polo Instituto de Ensino Secundario Antioquía de Xinzo de Limia está a ser, segundo sinalan dende o centro ,"cada vez máis coñecida" por parte das empresas e entidades da comarca. Este sistema de inserción laboral, creado no ano 2015, conta cunha porcentaxe de colocación dos titulados "do 30 por cento" segundo sinalan dende o instituto limiá. Este dato é estimado como "alto" polos responsables da bolsa de emprego sobre todo atendendo "ao mercado laboral existente na actualidade". 

A bolsa de traballo do IES Antioquía está composta por técnicos en Administración e Finanzas, Auxiliares Administrativos, técnicos superiores en Xestión Forestal e do Medio Natural e técnicos en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural. 

Os responsables sinalan que durante este mes de marzo dous titulados técnicos superiores en Xestión Forestal veñen de acadar os seus respectivos contratos de traballo anuais nun viveiro de Maceda grazas a esta bolsa de emprego. Do mesmo xeito está a celebrarse, na actualidade, outro proceso de selección de titulados na mesma rama para outro viveiro na cidade de Ourense. 

Por outra banda, a bolsa contempla procesos de selección para prácticas en empresas. Así mesmo 25 alumnos do centro completarán tres meses de traballo en empresas da comarca, da provincia e do estranxeiro co obxectivo de acadar a súa titulación e pasar a formar parte da bolsa de emprego e atender a posibles demandas laborais. 

Te puede interesar