A LIMIA

Comeza en Xinzo o curso de dirección de banda

<p></p>
photo_camera Unha das clases maxistrais levadas a cabo onte na Escola Galega de Dirección de Banda.

Prolongarase ata o vindeiro mes de marzo e contará con 70 horas lectivas 

A segunda edición do primeiro curso universitario de Dirección de Banda -que este ano, ademais, inclúe unha segunda formación de perfeccionamento- é xa unha realidade. Onte tivo lugar o pistoletazo de saída na Escola Galega de Dirección de Banda, ubicada na rúa Ladeira de Xinzo, a 70 horas lectivas que se repartirán entre o presente mes de outubro e o vindeiro 10 de marzo. Profesorado nacional e internacional traballará cun obxectivo fundamental: fomentar o estudo da dirección de bandas musicais, ademais de ofrecer recursos técnicos e artísticos para o desenvolvemento da condución de grupos instrumentais.

Os cursos inclúen métodos de estudo, análise e orquestación con profesores especialistas: Duglas Bistok, Andrea Loss, Jan Cober, Francisco José Andreo, Toni Cantal e Javier Quinteiro. Para o coordinador destas formacións e responsable da Egadib, José Luis Tielas, o plantel "é o mellor que se podería ter". O curso da UNED estará, ademais, recoñecido con dous créditos universitarios e catro de Libre Configuración.

Na modalidade de iniciación participan 11 alumnos e, no que atinxe á de perfeccionamento, 16 -sendo 30 as persoas que quedaron en lista de agarda-. Ao longo do curso celebraranse cinco encontros especiais con clases teóricas e prácticas coa Agrupación Musical da Limia, a Coral Santa Mariña, e as bandas dos conservatorios de Ponteareas, Bembrive e Tenorio.

Te puede interesar