A LIMIA

O Comité para o seguimento dos regadíos reunirase o día 25

Dende adegal aseguran que xa se realizaron os proxectos técnicos para os sondeos nas captacións

Os membros do Comité de Seguimento dos Regadíos da Limia celebrará a súa vindeira reunión o día 25 na sede da Consellería de Medio Rural en Ourense. 

Adegal -a Asociación de Empresarios, Gandeiros, e Agricultores da Limia- colaborou coas comunidades de regantes para realizar os sondeos de investigación nas captacións nun total de 26 puntos localizados e distribuidos na superficie a regar, unhas 4.150 hectáreas. 

Dende a asociación informan  que xa se realizaron os proxectos técnicos para os sondeos e soamente cabe esperar á realización das obras co orzamento asignado e que Medio Rural asuma os compromisos adquiridos. 

A mesa estará composta polos presidentes das catro comunidades de regantes -Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade e Sabucedo-, os Concellos de Xinzo, Trasmiras e Porqueira; a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, a Xefatura Territorial de Ourense e os técnicos de infraestruturas agrarias, Tragsa e Adegal.

Te puede interesar