EMPRESAS

A compañía Syskor potencia a súa factoría de Vilar de Santos

Concentrará nela o groso da producción do grupo limián Maderas Tejada, que ven de adquirir

Planta de Maderas Tejada en el polígono de Vilar de Santos que pasó a incorporarse al Grupo Syskor
Planta de Maderas Tejada en el polígono de Vilar de Santos que pasó a incorporarse al Grupo Syskor
A compañía Syskor potencia a súa factoría de Vilar de Santos

A compañía ourensá Maderas Tejada, con máis dun século de actividade produtiva, vén de se integrar no grupo vasco Syskor, unha das máis puxantes firmas de fabricación de sistemas de aluminio e outros compoñentes.
A empresa vasca, con sede en Vitoria, mercou a compañía ourensá –con sedeXinzo, Verín e Vilar de Santos– cando esta se atopaba en proceso concursal, e concentrará a parte principal da súa producción en Vilar de Santos. Na mesma operación, integrou á segunda sociedade do grupo Tejada, Molduras Tejada, que ten a súa sede en Verín.  En palabras do xerente de Teko Wood, Pablo Tejada, "trátase dunha importante operación que fortaleceá comarca da Limia".


Ás trece persoas que viñan traballando na sede verinense trasládanse e súmanse agora ás outras dez que traballaban na factoría de Vilar de Santos. Esta fusión conlevou unha ampliación das instalacións do polígono industrial do concello limián.  A fábrica ten agora a 23 empregos directos e dispón dunha capacidade de produción de 30 mil metros lineais por día. As súas operacións de exportación conectan  á comarca da Limia con Finlandia, Noruega, Rusia, Reino Unido e Portugal. Ademáis, o grupo Syskor confiou a xerencia de Teko Wood ao antigo persoal directivo de Maderas Tejada.


Para o rexedor de Vilar de Santos, Xan Jardón, amósase moi satisfeito con ampliación da empresa e sinala que o obxctivo do goberno local é "seguir apostando por un aspecto estratéxico como é o desenvolvemento industrial, que será moi positivo para toda a comarca". O polígono industrial da vila, inaugurado no 1998, conta xa con 215 mil metros cadrados ocupados e 32 mil de solo industrial por vender, tras varias ampliacións. O complexo xenera en torno a 110 empregos directos no concello ", conclúe  Xan Jardón.