A LIMIA

O Concello abre as portas das instalacións municipais

20180523172124776_result
photo_camera Un grupo de cativos de Infantil do Colexio Carlos Casares na súa visita ás instalacións deportivas.

En primeiro lugar visitaron a piscina, onde unhas monitoras lles explicaron os distintos estilos de natación que se poden practicar e lles falaron das actividades que alí se realizan.

O Concello de Xinzo continúa co seu programa para dar a coñecer as distintas dependencias municipais aos escolares da vila. Durante a xornada de onte e dende as 10,30 horas, os tres grupos de Infantil do Colexio Carlos Casares da capital limiá visitaron as instalacións da piscina climatizada e o pavillón de deportes. 
Fixérono acompañados de efectivos de Protección Civil, da Policía Local e do Concelleiro de Urbanismo, Ricardo Sieiro, que estiveron presentes durante o percorrido. 

En primeiro lugar visitaron a piscina, onde unhas monitoras lles explicaron os distintos estilos de natación que se poden practicar e lles falaron das actividades que alí se realizan.

Tamén aprenderon para que serve cada máquina do ximnasio municipal. 
Por outra banda, visitaron o pavillón de deportes, onde asistiron a unha pequena clase de zumba e puideron coñecer de preto o espazo. Os cativos foron obsequiados cunha pañoleta e remataron a xornada cun xantar no Toural.

Te puede interesar