URBANISMO

O Concello de Sandiás e un veciño dispútanse un terreo

Paula1_result
photo_camera Luis Conde no terreo que reclama como propiedade, na localidade de Vilariño das Poldras.

O pleno da corporación municipal acordou abrir unha investigación para dilucidar a propiedade

A titularidade duns terreos en Vilariño das Poldras, no concello de Sandiás, está a provocar un tira e afrouxa entre o Concello e un veciño do pobo.  O Consistorio aprobou no seu último pleno, a apertura dun expediente para a investigación da propiedade da superficie que Luis Conde, veciño do lugar, reclama como propia. "No ano 1985 o meu pai comprou este terreo, xunto cunha casa e un pozo por un valor de 600.000 pesetas", relata Conde. "Teño un documento da venda firmado polo comprador, o vendedor e dous testigos", engade. 

No ano 2014 o veciño pediu liña ao Concello para pechar o terreo . "Da maneira que estaba delimitado no Catastro non me deron liña para cerrar ". O interesado procedeu a iniciar os trámites para poñer todas as propiedades ao seu nome e así poder reclamar a parcela como propia. O pasado ano, fixo chegar ao Catastro unha solicitude para a realización dunha nova medición. Pero Luis afirma que aínda non tivo resposta por parte da entidade. Do mesmo xeito, enviou ao Concello de Sandiás un escrito en setembro do pasado ano sinalando a existencia dun erro nos datos catastrales e solicitando un certificado de inexistencia de un camiño municipal na súa propiedade. 

Pola contra, fontes municipais manifestan  con respecto a este pleito que "o interesado non ten documentación que xustifique que é o propietario " e polo tanto, "hai que iniciar un procedemento de investigación". 

Te puede interesar