IMPOSTOS

O Concello de Xinzo propón o uso libre do pavillón por taxas

<p></p>
photo_camera As instalacións do pavillón municipal de Xinzo, que se atopan ao final da rúa Dous de Maio.

Regulará o emprego do lugar para eventos non deportivos, e o prezo será "menor que noutros Concellos"

O goberno local propoñerá no vindeiro pleno ordinario de Xinzo -que terá lugar o día 26 de abril- a modificación das ordenanzas de uso das distintas instalacións deportivas da vila, principalmente, as que afectan ao uso do pavillón municipal e do campo de fútbol da Moreira. O obxectivo será axilizar os trámites para que estes espazos poidan empregarse en eventos non deportivos. "Fixaranse unhas taxas que van a quedar por debaixo da media doutros Concellos", explicou o alcalde, Manuel López Casas. "Aos distintos colectivos, clubes e colexios non se lle está cobrando nada, pero se alguén quere organizar calquera evento, por exemplo os partidos políticos, terán que pagar unha taxa polas horas de ocupación, non só polo tempo que dure o acto", engade.

O outro punto importante da orde do día será a aprobación definitiva do orzamento para 2018. A Corporación municipal de Xinzo deu luz verde ao seu presuposto en decembro de 2017, e remitiuno ao Ministerio de Facenda, que resolveu unha validación condicionada a modificar algunhas cuestións, que pasan por reducir a recadación polo Imposto Sobre Construccións, Instalacións e Obras de 100.000 euros a 82.000 euros, e por diminuír o gasto corrente nun 5 por cento.


Mocións dos grupos


Na comisión informativa de Relacións Institucionais, previa á celebración da sesión plenaria, abordouse unha moción de Xinzo Adiante para a supresión das Deputacións, algo que foi rexeitado polo grupo municipal popular ao considerar "que estas entidades provinciais, de non existir, habería que inventalas para os Concellos de menos 20.000 habitantes". O grupo da oposición do Concello de Xinzo tamén solicitou a retirada dunha serie de antenas de telefonía móbil na rúa Ladeira e a equiparación salarial dos funcionarios públicos de Galicia cos de Euskadi e Cataluña.

Pola súa banda, o PSOE urxirá á remodelación das piscinas municipais e solicitará un homenaxe a un dos edís socialistas víctimas do franquismo.

Te puede interesar