CONCELLO

A Corporación limiá avanza no deseño da bandeira de Xinzo

A proposta debatirase en Comisión Informativa de Cultura antes de que teña lugar a vindeira sesión plenaria, onde se aprobará, previsiblemente, un deseño provisional

O presidente da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia, Eduardo Pardo de Guevara e o doutor Pablo Otero Piñeiro desprazáronse ata o Concello de Xinzo para manter unha xuntanza co edil de Cultura, Carlos Gómez, e informar ao resto dos concelleiros da oposición dos argumentos técnicos e legais que levaron á comisión a propoñer un boceto determinado para a bandeira limiá. A proposta debatirase en Comisión Informativa de Cultura antes de que teña lugar a vindeira sesión plenaria, onde se aprobará, previsiblemente, un deseño provisional. 

Carlos Gómez asegurou que, logo desta reunión na que tamén estiveron presentes o rexedor local, Manuel Cabas, e o historiador local, Edelmiro Cerredelo, e na que se deron resposta ás dúbidas presentadas polos concelleiros, os asistentes amosáronse "satisfeitos". A intención do grupo de goberno é contar tamén co beneplácito dos veciños.

Te puede interesar