CESIÓN

A Deputación asumirá o mantemento da pista de Xinzo a Vilar de Barrio

<p></p>
photo_camera O grupo socialista de Xinzo na pista de Xinzo a Vular de Barrio, nun acto reivindicativo

A administración provincial negociará a cesión dos concellos

A Deputación de Ourense aprobou o pasado 30 de decembro a proposta de pedir a cesión da pista de concentración que enlaza a N-525 coa estrada OU-1102. Iniciarase agora un proceso de negociación cos Concellos implicados.

A proposta de cesión veu da man do PSOE de Xinzo. Dende o Grupo Provincial Socialista sinalan que foi grazas á súa iniciativa que se acordou, ademais de proceder á cesión da estrada, “incorporar a pista mencionada á Rede de Estradas provinciais”. A portavoz, Elvira Lama, valora agora positivamente que o goberno da Deputación "entenda a urxencia de incluír a pista, con alta sinistralidade”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde de Xinzo, Manuel López Casas, sinala que o Concello está esperando por uns informes da Garda Civil de Tráfico e do arquitecto municipal que documenten a intensidade do tráfico diario. Unha vez obtidos, materializarase a proposta do Concello por escrito para así iniciar as negociacións coa Deputación. O tenente alcalde afirma que ao ser unha estrada “cruzada por varias pistas de concentración parcelaria de uso agrícola, encerra certo perigo”.

O alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, ve con bos ollos esta acción, posto que recoñece que no Concello “non hai medios para facer un mantemento continuo” da estrada. O pleno municipal de Sarreaus ratificara o pasado 30 de decembro a solicitude de cesión, unha proposta que viña aprobada pola Comisión de Goberno no mes de novembro. Nas negociacións o Concello pedirá unha mellora na sinalización, facendo fincapé nos cruces coas pistas laterais, posto que entenden que a sinalización propia da pista tamén os inclúe.

O alcalde de Vilar de Barrio, Julio Pérez, ve positiva esta proposta e sinala que non terá ningún problema en facerse cargo da sinalización das pistas que lindan coa vía.

Te puede interesar