A LIMIA

A Escola Rural ofrecerá un curso de habilidades comunicativas

Abordaranse conceptos como a reflexión, a comunicación, ou técnicas para resolver conflitos

A Escola Rural de Saúde da Limia comezará o vindeiro 21 de xaneiro un novo curso-obradoiro sobre Habilidades Sociais. Na primeira sesión, impartida polo psiconeuroinmunólogo Carlos A. Martí, abordarase de que xeito se poden recoñecer as emocións, a súa función e o impacto que teñen no corpo humano. O 23 de xaneiro, a temática continuará sendo a mesma para, o 29 de xaneiro, dar paso a un obradoiro de Comunicación no que se fará fincapé nos estilos comunicativos e nas súas técnicas. 

O 30 de xaneiro, a Integradora Social Elsa Cabrera Mandianes, tratará de explicar o concepto de conflito e as técnicas de resolución do mesmo, así como as barreiras mentais que presenta o ser humano. 

O programa concluirá o día 6 de febreiro cunha reunión na que se fará un balance de todo o aprendido. 
Todas as xornadas formativas prolongaranse, nos días sinalados, dende as 17,00 horas ata as 20,00 horas e as inscricións realizaranse en [email protected].

Te puede interesar