A LIMIA

O festival "Vila de Xinzo" congregará a 150 gaiteiros

Asistirán agrupacións procedentes de bretaña, Portugal, Asturias e Ourense, ademais da formación da capital limiá 

A cuarta edición do Festival Internacional de Gaitas "Vila de Xinzo" regresará á capital limiá esta fin de semana no marco das festas patronais de Santa Mariña. O evento, que se desenvolverá nas principais rúas da vila e na praza Carlos Casares, reunirá agrupacións procedentes de Bretaña, Portugal, Asturias e Ourense. Tamén actuará, como non podía ser doutro xeito, a banda anfitriona: Xinzo de Limia. En total, 150 músicos, entre gaiteiros e percusionistas, encherán a vila da mellor música tradicional. 

O programa comezará mañá sábado, ás 12,30 horas, cun pasarrúas polo centro de Xinzo a cargo do cuarteto bretón Arvorig Breizh Band e os portugueses do Grupo de Bombos e Gaitas Tiago Maior de Poiares, de Ponte da Lima. Logo da recepción, que estará presidida polo alcalde de Xinzo, Manuel López Casas, será a quenda da Banda de Aspirantes da Escola Pronvincial de Gaitas da Deputación e da de Gaites Villa de Xixón, que actuarán ás 20,00 horas. Ás 22,30 haberá un desfile de todas as formacións, que rematará na praza Carlos Casares cunha gran gala. O domingo haberá un pase das bandas invitadas ás 12,30 horas.

Te puede interesar