xuventude

Un foro en Vilar de Santos unirá a mozos europeos

saxx
photo_camera Os participantes do primeiro encontro europeo que tivo lugar en Vilar de Santos.

O obxectivo é buscar ideas que promovan o emprego no entorno rural

Vilar de Santos será entre os vindeiros días 12 e 18 de setembro unha vila internacional coa visita de 30 mozos e mozas procedentes de lugares de Europa como Grecia, Turquía, Italia e Francia. O congreso "Not only cows: politicians and youth talkings improve the youth entreprenurship in rural area", promovido pola asociación Bolboretas Vermellas do municipio limiao, congregará a mozos e mozas, políticos, axentes de desenvolvemento rural e produtores locais, co obxectivo de procurar diferentes mecanismos que promocionen o emprego no medio rural.

O evento, subvencionado polo programa Erasmus Plus, o Instituto de la juventud (Injuve) e a Agencia Nacional Española, desenvolverase entre o albergue local e o propio Concello de Vilar de Santos, onde terán lugar as mesas redondas de debate.

Tal e como explicou Sandra González, tesoureira da asociación Bolboretas de Vilar de Santos que conta, na actualidade, con medio centenar de socios procedentes da vila e tamén de lugares como Allariz, Celanova ou Ramirás, "os participantes tamén coñecerán a cultura galega grazas a actividades como unha foliada na Arca da Noe e visitarán lugares emblemáticos da nosa provincia como as Burgas, as termas ou a vila de Allariz".

Está previsto que asistan emprendedores locais como os reponsables de Carabuñas, asociacións como o CDR o Viso ou políticos como o rexedor local, Xan Xardón.

Te puede interesar