EDUCACIÓN

O grupo de Xinzo Adiante pide “aulas para madrugadores"

O obxectivo é instar á administración local limiana a que adopte medidas encamiñadas a acadar "a conciliación da vida familiar e laboral"

O grupo municipal Xinzo Adiante ven de rexistrar unha moción para a implantación de aulas de madrugadores nos dous colexios de Infantil e Primaria da localidade. O obxectivo é instar á administración local limiana a que adopte medidas encamiñadas a acadar "a conciliación da vida familiar e laboral", e a que loite contra a discriminación das mulleres, xa que moitas veces son elas as que teñen que renunciar aos seus traballos para atender aos fillos. 

Segundo sinalan dende o grupo da oposición, unha das principais dificultades coas que se atopan os pais e as nais da localidade é ter que comezar a traballar ou desprazarse ao seu posto de traballo antes de que os nenos entren na escola, ás 09,00 horas da mañá. Isto supón que alguén ten que coidar e levar aos cativos aos CEIP. Neste sentido e segundo sinalan dende Xinzo Adiante, unha solución pasaría por instaurar "aulas para madrugadores", que consiste na apertura de aulas nos Centros de Ensino antes de que se inicie o horario escolar ordinario para atender ás nenas e nenos cuxos pais e nais non poidan facelo. 

Te puede interesar