PROXECTOS

A Hidrográfica empezou a limpar o cauce do Limia

Os traballos que se están realizando consisten na poda do arborado, desbroces de vexetación, retirada de árbores secas e eliminación de especies invasoras. 
Segundo sinalan dende a Confederación, a limpeza integral na Limia terá un custo total de 125.000 euros

A Confederación Hidrográfica Miño Mil, a través da empresa Tragsa, ven de comezar os traballos de limpeza do río Limia ao seu paso polo núcleo urbán de Xinzo. A actuación inicial na Limia, que está enmarcada dentro do proxecto de "Restauración hidrolóxico forestal e mellora da conectividade en cauces da parte española das bacías do río Miño e do río Limia, na provincia de Ourense", comprenderá un tramo de 4,6 quilómetros. 

Os traballos que se están realizando consisten na poda do arborado, desbroces de vexetación, retirada de árbores secas e eliminación de especies invasoras. 
Segundo sinalan dende a Confederación, a limpeza integral na Limia terá un custo total de 125.000 euros. A Hidrográfica está abordando outros proxectos dentro da comarca da Limia.

Concretamente estase a traballar en ambas as dúas marxes do río Celme no núcleo de Ordes, en Rairiz de Veiga, con retirada de árbores secas, en especial Amieiros. Tamén se farán desbroces puntuais noutros lugares da zona. 

Te puede interesar