traballo

O IES Antioquía incorpora novos titulados á súa bolsa de emprego

A dirección do instituto engade que "a bolsa de emprego tivo moitísimo éxito durante o pasado curso"

O Instituto Antioquía de Xinzo incorporará esta semana novos titulados á súa bolsa de emprego. Tal e como sinalaron fontes do centro, "a practica totalidade" dos alumnos que cursaron o segundo curso dos ciclos de Técnico Superior en Administración e Finanzas, Técnico Auxiliar Administrativo, Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural, Técnico en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e o título de Profesional Básico en Electricidade e Electrónica, obterán "as titulacións que os habilitan para acceder ao mercado laboral". 

A dirección do instituto engade que "a bolsa de emprego tivo moitísimo éxito durante o pasado curso", xa que "houbo moita demanda por parte das empresas e hai un ratio de colocación do 30 por cento". 

Te puede interesar