SEGURIDADE

O índice de criminalidade baixou na comarca en 2016

20170215175351353_result
photo_camera Un momento da reunión da Xunta Local de Seguridade que se celebrou no concello de Xinzo.

O Concello de Xinzo acolleu unha reunión da Xunta Local de Xeguridade

O Concello de Xinzo acolleu unha reunión da Xunta Local de Seguridade na que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e que estivo copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García e o Tenente de Alcalde do Concello de Xinzo, Manuel López Casas. Castro falou dunha "razoable baixada do índice de criminalidade na comarca".

 A xuntanza celebrouse no marco das festas do Entroido para as que hai en marcha un dispositivo especial de de seguridade. O subdelegado do goberno animou a "gozar da festa de maneira sana" e instou ao Concello a elaborar un bando para concienciar aos participantes de que non descoiden as súas pertenzas nas xornadas festivas. 

Respecto de cuestións puntuais como os roubos de ganado, Castro asegurou que "teñen ido a menos grazas á creación dun grupo especial de axentes para abordar os roubos no campo".

 Sobre as desaparicións de colmeas na zona de Xinzo durante o pasado ano, o subdelegado afirmou que "se está traballando na comarca e nas zonas productoras de mel co obxectivo de combatilas". Nesta liña o Castro explicou que "a proximidade con Portugal facilita que os ladróns poidan fuxir ao país veciño coas pertenzas alleas", e destacou que se está a colaborar para atallar este asunto coa Guardia Nacional Republicana. 

Segundo as estatísticas, houbo unha tendencia á baixa na totalidade das infraccións penais durante o 2016. Os delitos baixaron pero o número de faltas foi moi similar. Tamén descenderon as infraccións administrativas. 

Te puede interesar