A LIMIA

Os inmigrantes, maioría no clube de búsqueda de emprego en Xinzo

xinzo emprego
photo_camera Os participantes no primeiro encontro do clube de búsqueda de emprego da Limia co traballador social.

A iniciativa, posta en marcha polo Viso, contou coa presenza de veciños venezolanos de Xinzo

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso celebrou a primeira xuntanza do Clube de Búsqueda de Emprego en Xinzo, cunha aceptable participación e cunha notable presenza de inmigrantes, principalmente chegados dende Venezuela. O traballador social do centro e a psicóloga serán os encargados de dirixir estes encontros que terán unha periodicidade quincenal e que terán como obxectivo axudar ás persoas que se acheguen ata a sede do CDR na rúa Ladeira, a buscar emprego na Comarca da Limia. Ademais, este primeiro evento incluiu un servizo de conciliación, no que se atenderon aos cativos que se presentaron cos usuarios do clube. 

Neste primeiro encontro, analizouse a situación persoal e laboral de cada un dos integrantes. "O autocoñecemento é fundamental no proceso de búsqueda de emprego", matizou Edi Díaz, traballador social do CDR. "Traballar con grupos pequenos permítenos acadar unha maior calidade no proceso. A psicóloga encárgase desa parte máis focalizada na autoestima, porque moita xente non está acostumada a eso de presentarse nunha empresa para pedir traballo", engadiu o profesional, quen aproveitou na primeira sesión para actualizar o listado de ofertas de emprego que hai agora na Limia, tanto en empresas privadas como públicas.

Te puede interesar