MEDIO AMBIENTE

O Inorde reclama máis control no uso de abonos e fertilizantes

<p></p>
photo_camera Inauguración da Xornada, presidida, de esquerda a dereita, por Antonio Pérez, Rosendo Fernández e Francisco Marín.

Organizou unha xornada para agricultores e gandeiros en Xinzo, dentro do proxecto Life Regenera

Baixo o lema "Depurar para recuperar" o Inorde organizou onte, mércores 21 de decembro, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, como parte do programa "Life Regenera Limia", unha xornada para informar a gandeiros e agricultores sobre o uso de abonos e manexo da explotación agrícola na Limia.

A inauiguración correo a cargo do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez; o presidente de Inorde, Rosendo Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín. Este destacou a importancia da “divulgación e formación dos agricultores e gandeiros”, pois estas actividades non deben ser “só rendibles económicamente, senón que teñen que ser sostibles en termos medioambientais”.

Seguidamente, o xefe da área de xestión medioambiental, calidade da auga e vertidos da Comisaría de Augas, Alberto de Anta Montero, analizou os progresos do proxecto “Life Regenera Limia”, avances que se concentran na posta en marcha do “Sistema de control integrado de xestión de fertilizantes e abonos de solos agrarios” e na testación do mesmo para prever o exceso de nutrientes nos solos agrarios. Este sistema de control estase probando en 10 parcelas piloto, oito de terras de cultivo e dúas en prado e pasto.

José Julián Bermello, xefe do servizo do Fondo Galego de Garantía Agraria en Ourense, foi o encargado de explicar as medidas de Condicionalidade na Política Agraria Comunitaria (PAC), mentres que o enxeñeiro agrónomo Jesús Expido explicou as boas prácticas agrícolas con relación á mecanización dos cultivos. Xisela Fernández, asesora de explotacións ecolóxicas, falou da importancia doutras formas de fertilizar e por último, Servando Álvarez Pousa, director do CentroAgrogandeiro, informou sobre a racionalización da fertilización dos cultivos e do "Sistema Integrado de xestión de abonos e fertilizantes".

“Hoxe en día abúsase moito dos abonos nitroxenados"

A asesora de explotacións ecolóxicas Xisela Fernández advirtiu durante a súa intervención na xornada de que “hoxe en día abúsase moito dos abonos nitroxenados, que son abonos de base química e que están prohibidos na agricultura ecolóxica”. A asesora explica que normalmente este tipo de abonos produce moitos problemas de fitotoxicidades, o que deriva nun maior número de pragas e enfermidades. Xisela Fernández conclúe que esta é a razón pola que “é importante facer un manexo de produtos con producción ecolóxica”.

Con xornadas como a de onte os promotores agardan que gandeiros e agricultores fagan un labor extensivo,  reduciendo o emprego dos produtos químicos. para conseguir nun futuro unha agricultura verde, ecolóxica.

Te puede interesar