OBRAS

Xinzo humanizará o grupo San Sebastián en tres fases con preto de 120.000 euros

O rexedor local, Manuel Cabas, presentou o proxecto aos veciños da zona

O actual goberno de Xinzo, liderado por Manuel Cabas, avanza no seu plan de humanización da vila cunha nova actuación no entorno do grupo San Sebastián que foi presentada esta mesma semana aos veciños dos distintos bloques. O rexedor, que adiantou que se van a investir preto de 120.000 euros en dúas fases diferenciadas, certificou o acordo das persoas que asistiron á xuntanza e avanzou que o proxecto seguirá os trámites necesarios para saír a concurso en menos dun mes.

Durante a primeira fase, o areal actual se sustituirá por un campo deportivo e un parque infantil. Tamén se renovarán todas as beirarrúas e o asfalto da contorna, pensando en mellorar a accesibilidade e a seguridade dos máis cativos á hora de coller o autobús escolar. "Esto nos va a permitir que los caminos infantiles, que antes transcurrían por una calle por donde transitaban coches, ahora lo harán por una zona peatonal", explicou Manuel Cabas. 

A segunda fase da actuación se centrará no medio de ambos edificios de vivendas, onde se ubicará un parque para maiores con bancos, árbores e unha fonte. A praza irá en materiais de pedra. "Quedará estupenda. Es una zona que ahora mismo está bastante deteriorada y las aceras son muy malas", manifestou o rexidor, quen puntualizou que se trataba dunha actuación que tiñan pendente "desde hacía muchos años". 

Por outra banda, suprimiranse dous muros co obxectivo de acadar máis amplitude e 20 novas prazas de aparcamento, dúas delas para personas con mobilidade reducida. "Queremos que quede una zona óptima para que la gente disfrute, que se revalorice el entorno y que se haga más vistoso", opinou o alcalde limiao. "Aunque habrá dos fases diferenciadas, estoy intentando que se haga todo a la vez", engadiu. 


Metros de actuación


A actuación total abarcará unha superficie de uns 2.000 metros cadrados, e está previsto que participe o obradoiro de emprego de Xinzo, co obxectivo de reducir custes. "Posiblemente me ayudarán en el empedrado y ajardinado del parque, dado que tengo dos módulos, uno de albañilería y otro de jardinería", matizou o primeiro edil limiao, quen agarda que se poida licitar a obra, se todo vai segundo o previsto, no prazo dun mes. "Pienso que se va a aumentar la calidad de vida de las personas que viven en ese entorno. Quedará una zona agradable y bonita, en la que la gente pueda disfrutar", concluiu o rexedor.

Te puede interesar