OBRAS

Larouco mellora a rúa da Capela, en Freixido, con 60.000 euros

_outro_larouco_result
photo_camera Ethel Vázquez e Joaquín Bautista.

Segundo sinalou o departamento autonómico, o acordo terá vixencia ata o 31 de decembro

O Concello de Latouco acometerá as obras de mellora e acondicionamento da rúa da Capela, na parroquia de Feixido, cun investimento de 60.000 euros. O alcalde, Joaquín Bautista, asinou un convenio de colaboración coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, con esta finalidade.

Segundo sinalou o departamento autonómico, o acordo terá vixencia ata o 31 de decembro y persigue arranxar unha vía que se atopa moi deteriorada e con moitas fochancas. Para acometer a súa mellora é necesario proceder á demolición e reposición do pavimento de formigón e a reparación das deficiencias detectadas no sistema de pluviais e de abastecemento, que evitará que se formen no futuro bolsas de auga.

A intervención suporá o levantamento do firme de formigón e a pavimentación coa colocacion de zahorra artificial. No sistema de pluviais procederase á colocación dun canal de formigón para desaugue con reixas de fundicion, ademais da colocación de tubarías de polietileno, mellorando a accesibilidade e o servizo de abastecemento.n

Te puede interesar