PREVENCIÓN CONTRA O LUME

A Limia perfila os seus plans contra os incendios

IMG_20170323_123326_result
photo_camera Un momento da reunión na aula CeMit da Casa da Cultura de Xinzo.

O obxectivo desta xuntanza foi o de confeccionar o plan de colaboración entre os distintos entes locais e a administración autonómica en materia de prevención e extinción de incendios forestais.

A Casa da Cultura de Xinzo acolleu unha reunión de coordinación entre o xefe territorial da Consellería de Medio Rural, Yago Borrajo, e os alcaldes e representantes dos concellos que conforman o Distrito forestal 15, da comarca da Limia. 

O obxectivo desta xuntanza foi o de confeccionar o plan de colaboración entre os distintos entes locais e a administración autonómica en materia de prevención e extinción de incendios forestais.

Nesta liña, Medio Rural levará a cabo varias reunións de "seguimento" cos distintos distritos forestais como foi o caso da zona de Xinzo de Limia. A colaboración con este distrito contempla tres modalidades: actuacións preventivas levadas a cabo polas brigadas municipais, a colaboración destes corpos en materia de prevención e defensa de todos os concellos pertencentes ao citado distrito e a colaboración dos entes locais á hora de emprestar os seus vehículos de extinción de incendios ou motobombas. 

Segundo fontes da Consellería de Medio Rural na reunión de onte "fíxose unha coordinación de medios humanos e técnicos para que cando chegue a tempada de maior risco en materia de incendios estea todo preparado". Concretamente será entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. 

A xuntanza tivo un carácter "interno" polo que a penas trascenderon datos. Non se coñecerán máis novidades ata a publicación do Plan de Defensa contra incendios forestais no mes de maio. 

Te puede interesar