A LIMIA

O Loro Ravachol xa forma parte do Museo da Limia

img_6609_result
photo_camera Os membros da Asociación Recreativa de Xeve, trala entrega do Loro Ravachol ó Museo.

A Asociación Recreativa de Xeve entregou unha réplica desta popular figura pontevedresa

O Museo Galego do Entroido incorporou esta semana á súa colección ao emblema do Entroido pontevedrés, o Loro Ravachol.

O presidente da Asociación Recreativa de Xeve, Florencio Chantrero, fixo entrega ao coordinador da entidade, Iván Prado, dunha réplica desta popular figura.

O Museo xa contaba coa imaxe do loro aínda que se trataba dunha cesión.

O novo exemplar, que xa se pode visitar nas instalacións da mostra sobre os Entroidos galegos, ten unhas dimensións de 1,85 metros de altura e 80 centímetros de diámetro e está feito con plumaxes de distintas cores.

O Museo do Entroido de Xinzo continúa durante estes días co seu programa especial de visitas iniciado a semana pasada.Ao redor de 50 cativos do colexio Carlos Casares estiveron onte nestas instalacións e para hoxe, hai programada unha visita de 30 persoas procedentes de Vilar de Santos e Taboadela. Para a vindeira semana serán 15 persoas do Centro de Menores de Verín os que coñecerán a exposición dos Entroidos galegos.Durante a pasada fin de semana de Corredoiro, a entidade rexistrou máis dun centenar de visitas.

As visitas grupais pódense concertar a través da dirección de correo electrónico [email protected].  

Te puede interesar