RETORNO A LAS RAÍCES

"Algunha vez pensei en volver para sempre, pero agora xa é dificil"

entrevista_raices1_result
photo_camera Luis Freitas Díaz na rúa de San Roque de Xinzo, durante as súas vacacións.

Luis Freitas é un ourensán nado en Meaus, no concello de Baltar, que estes días disfruta da Limia na compañía dos seus familiares e amigos. Como moitos outros mozos e mozas da comarca, incluida a súa muller, á que coñeceu ao chegar a Barcelona, Luis tivo que emigrar á Cidade Condal hai 45 anos na procura dunha vida mellor e desde hai 30 anos traballo no sector da hostelería.

Convencido de que os cataláns "non son tan cerrados como a xente pensa", asegura que se adaptou á súa nova vida "dende o primeiro momento", aínda que, case cinco décadas depois, segue a botar en falta moitas cousas de Meaus e de Xinzo, sobre todo á súa familia e o clima. 

Qué motivos o levaron a deixar a terra?

Principalmente motivos laborais. Os meus irmáns marcharon a Cataluña antes ca min. Despois animáronme a que seguise os seus pasos. Viaxei a Barcelona con 18 anos na procura dun traballo, atopeino, e xa me quede i alí. O primeiro foi nun almacén de libros. Na actualidade e, dende hai máis de 30 anos, traballo pola miña conta no mundo da hostelería. 

Cada canto tempo adoita regresar a Xinzo de Limia? Algunha vez pensou en facelo para sempre?

Veño en agosto, cando collo vacacións. Algunha vez pensei en volver para sempre pero é dificil dende o momento no que formas a túa propia familia fóra de aquí. En Barcelona están os meus fillos e, agora, os meus netos. Gústame regresar por uns días pero a miña vida está alí. A miña nai aínda vive e está tamén con nós en Barcelona.  

Adaptouse ben ás tradicións e á cultura catalanas?

Si, dende o primeiro momento. Non tiven ningún tipo de problema porque a xente daquela zona tratoume moi ben dende o intre no que aterrei. Fixéronme sentir como un máis e adapteime, sen problema, ás súas costumes. En Cataluña estiven e, estou moi ben. Soamente regresaría a aquí para pasar longas tempadas. 

Non notou diferenzas, por exemplo, no carácter dos cataláns en comparación co dos galegos?

Non especialmente. Os cataláns son bastante abertos. Hai moita xente no resto do país que pensa que son moi cerrados e non é para nada así. É certo que, de primeiras, non se abren tan fácilmente como acontece noutras culturas, pero unha vez que estableces trato con algún deles, son tan abertos como pode ser un galego ou calquera outra persoa. Tampouco os considero radicais nin moito menos, pero é a miña opinión.  

E vostede, qué se considera? Galego, Catalán ou ambos?

Eu son galego, simplemente. As raíces son as raíces, por moito tempo que leve fóra de aquí. 

Nota moi cambiados Meaus e Xinzo dende que marchou?

Noto moitos cambios pero para peor. Penso que está todo moi abandonado nesta zona. Fáltanos ambición. Creo que hai moitas cousas que se puideron facer por esta terra e non se fixeron.

Que cre vostede que se podería potenciar máis nesta zona? 

Penso que na provincia de Ourense, en xeral, se poderían crear máis rutas turísticas e de montaña. Tampouco hai moita información sobre as que xa existen. Poderíase facer un pouquiño máis do que se fai. 

Que é o que máis lle gusta de Xinzo? 

Pois os bos recordos que me trae. De pequeño vivín en Meaus e Xinzo era o punto de encontro cos meus amigos. Gústame moito a zona dos viños e o ambiente en xeral. 

Te puede interesar