A LIMIA

Maiores e nenos conviven por un rural sostible en Lodoselo

photo_camera No Centro de Día préstase atención á saúde e fanse as comidas para o comedor e as que se reparten.

Un programa integra las actividades del albergue con el comedor social y la casa comunitaria

No rural hai illas. Illas que emerxen en lugares improbables. Como o cruceiro fronte da escola unitaria en Lodoselo, Sarreaus. Nunha beira da Limia ao pé da serra. Alí, hai moitos anos, alguén lembrou o proverbio africano: un vello que morre é unha biblioteca que arde. E decidiu volver. Alí, xunto ao cruceiro, unha mínima asemblea veciñal votou recuperala escola, pechada había tempo, e crear unha asociación. A Asociación Cultural o Cruceiro, nada no ano 1985, foi o embrión desta illa.

A escola é hoxe, trinta anos despois, metade centro social, metade tanatorio. "Unha metáfora dos males do país e da provincia", di Toño Corbal, o mestre de nenos, alumno daquela escola, o home que aquel ano decidiu volver –"para desgusto dos meus pais, que foron tamén emigrantes"– e recuperar "o espírito comunitario dos pobos, da xestión das cousas do común". Toño tiña vinte anos e aí segue. É voluntario do Centro de Desenvolvemento O Viso, unha agrupación sen ánimo de lucro que dá traballo a unhas vinte persoas que coidan de maiores e de nenos. Que coidan de que o coñecemento dos vellos, esas bibliotecas, non se perda porque fican pechados nun xeriátrico.

HABERÁ QUE REINVENTALO

"O rural non se suicidou, matárono. Cando pecharon as escolas unitarias o que lles estaban dicindo aos cativos era: aquí non hai futuro, emigrade. Pero aquelo non volverá. Morreu. Non se pode revivir aquel rural a base de subvencións. Haberá que reinventalo. Terá que ser outra cousa", di Toño.

Desde a agrupación, rehabilitaron a antiga reitoral de Lodoselo e convertérona nun albergue que acolle campamentos infantís noqueaaldeaéaescolaeosveci- ños son os mestres. Xusto ao lado construíron una casa comunitaria. Doce prazas e unhas cinco persoas de servizo. Os maiores van e veñen, tratan de que non perdan o contacto coa casa e coa familia.

Josefa, 84 anos, veciña de Nocelo da Pena, espera na porta polo marido, que hoxe virá a comer con ela. "Levo desde o outono", explica, "irei cortar o pelo a Trasmiras e despois, os días da festa para a casa". A comida sérvese no Centro de Día, ao outro lado do campo da festa. Hoxe, mércores de agosto, hai nenos no albergue e comerán todos xuntos. Catro persoas preparan comida para unhas sesen- ta persoas. Haberá uns vintecinco comensais no comedor e o resto se distribuirán en entregas a do- micilio. Dous dos cociñeiros fan tamén de repartidores. Atenden a máis de trinta familias –"moita xente maior e soa", explican"– en catro concellos da contorna (Calvos, Porqueira, Trasmiras e Xinzo), ademais de Sarreaus. A bandexa costa un máximo de 4,70 euros, recóllese ao día seguinte.

TERAPEUTA

No Centro de Día hai tamén terapeuta, psicóloga e podólogo que, cando é preciso, prestan servizo a domicilio. Toño saúda a Antonio, que fai exercicio recostado nunha padiola. "Foi un dos avós de preescolar na casa, aquel programa que lanzou a Xunta, coñecémonos entón. Despois empezamos prestándolle asistencia á muller, ela morreu e agora il sigue vindo por aquí".

Os nenos andan esta mañá polo campo da feira. A atracción do día é un paseo en carro tirado por burro. A asociación empezou recuperando a escola, e despois o forno e o lavadoiro.

HORTA E ANIMAIS

Hoxe teñen ovellas e tamén un burro, porque é un animal en perigo de extinción. Como a vida dos po- bos, por iso outros días levan aos rapaces polas casas a munguir, a traballar na horta.

"Como vai faltando a xente, decidimos que había que ter unha horta propia, e animais e todo iso que houbo sempre no campo", explica Toño. "Volver ao rural é duro, pero ser labrego é unha profesión, non unha condena. A nós o que nos ensinaron foi: estuda e marcha. Se volves es un fracasado?".

Te puede interesar