CONCELLO

Máis de 20 empresas optan a reformar a avenida de Madrid

Unha das empresas ofreceu unha rebaixa de 80.074 euros con respecto á cantidade proposta polo concello

A Sala de Xuntas do Concello de Xinzo acolleu este luns a celebración da mesa pública para a adxudicación da remodelación da avenida de Madrid, sesión na que se abriron as plicas coas distintas propostas técnicas e económicas das sociedades. Trátase, segundo fontes municipais, da "maior obra licitada polo Consistorio nesta lexislatura", pois a cantidade máxima neste senso será de 235.550 euros. 

Unha vez adxudicada a actuación a unha das 21 empresas que se presentaron ao concurso, ésta terá un prazo de execución de tres meses e, por outra banda, logo de revisar toda a documentación administrativa, os membros que acudiron á mesa de traballo puntuarán todas as propostas. Para esta tarefa, os responsables municipais contarán cun prazo máximo de tres semanas, antes de realizar a proposta de adxudicación definitiva. 

Entre as distintas proposicións, a que ofertou o custo máis baixo quedouse nos 155.476 euros. No que atinxe ao prazo de execución, a proposta máis rápida acadou os 25 días e, a máis tardía, os dous meses e 29 días. Todas as empresas ofertaron 20 meses máis de garantía que o prazo esixido de entrada. 

Unha vez feitas as medias e porcentaxes dos pregos, catro empresas quedaron excluídas por oferta fóra de rango e unha por baixa temeraria, ésta última contará cun prazo de cinco días para poder xustificar a baixa.

Te puede interesar