A LIMIA

Máis de 500 olas agardan para o Domingo Oleiro

DOMINGO OLEIRO
photo_camera Tres rapaces xogan ás olas na praza Maior durante o Oleiro Infantil de Xinzo.

O percorrido do meco cambiará debido á afluencia masiva de xente

Todo listo en Xinzo para celebrar, malia a amenaza de precipitacións, a segunda fin de semana do ciclo de Entroido na vila. Máis de 500 olas chegarán á localidade durante o día de hoxe e serán gardadas para o Domingo Oleiro pola Asociación A Pantalla, que será a encargada de promover unha das citas máis tradicionais, tanto para nenos como para os máis cativos. 

A vila limiá está inmersa na súa festividade, que ven de estrenar o seu carácter de evento de interese internacional e, por este motivo, a comisión encargada da organización da festa decidiu cambiar o percorrido e colga do meco, que terá lugar mañá sábado polas principais rúas da vila. A agrupación, da que tamén forman parte os concelleiros de Cultura e Urbanismo, Carlos Gómez e Ricardo Sieiro, respectivamente, acordou mudalo por motivos de seguridade. Deste xeito, o paseo definitivo realizarase pola rúa do Peto e a avenida de Ourense cando, nun primeiro momento, ía transcorrer dende a praza de Oriente ata a praza Maior. 

Dende o Concello valoraron a chegada de diferentes grupos para participar de xeito activo na festa, sobre todo, procedentes do sur de Pontevedra. Tamén apuntaron a que se fai "unha gran cantidade de fumo cos fachóns". 

A organización sinala que será unha das fins de semana "máis grandes" do Entroido, non só en referencia á cantidade de actividades, senon á súa "calidade". Pretenden que sexa, tamén, a máis tradicional de todo o ciclo e, por este motivo, é a Asociación A Pantalla a que se encarga activamente do 100 por 100 da súa preparación. Dende a agrupación piden, do mesmo xeito, que os veciños saian ás rúas "totalmente caracterizados" de época. 

Tiruleque e Pelepau poñerán a nota musical á noite do sábado. O domingo será a quenda para O Fiadeiro, ademais da presenza de varios grupos locales e da comarca da Limia.

Te puede interesar