Entrevista

"Manolo Casas non será o candidato do PP, o mellor é Antonio Pérez"

XINZO DE LIMIA (CASA DO CONCELLO). 12/07/2018. OURENSE. Retrato de Manuel López Casas, que cumple 100 días como alcalde del concello de Xinzo de Limia. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Retrato de Manuel López Casas, que fan 100 días como alcalde del concello de Xinzo de Limia.

O rexedor limiao afronta unha etapa dura e chea de incertezas, tanto dentro do seu partido, como no que atinxe ao futuro político de Xinzo, onde calquera escenario é posible e no que o Partido Popular podería perder a maioría absoluta

Manuel López Casas cumpre hoxe 100 días á fronte do goberno de Xinzo. A dimisión de Antonio Pérez precipitou que o de San Pedro de Laroá tivera que asumir o bastón de mando da vila do Entroido a un ano das eleccións municipais.

O rexedor limiao afronta unha etapa dura e chea de incertezas, tanto dentro do seu partido, como no que atinxe ao futuro político de Xinzo, onde calquera escenario é posible e no que o Partido Popular podería perder a maioría absoluta, segundo os primeiros sondeos. Afirma, a día de hoxe, que non será o candidato para liderar o PP local e confía na absolución de Pérez para que éste recupere o seu posto. 

Nas mans de Casas púxose en marcha a reforma do casco vello, a mellora da sinalización viaria da vila e se concretou o polémico proxecto da Avenida de Celanova, no que a Xunta investirá case dous millóns de euros. Ademais, o goberno que encabeza deu luz verde á adquisición de nova maquinaria para abordar a limpieza integral da localidade, unha necesidade imperiosa para unha grande parte da poboación.

O de San Pedro é un home tranquilo, de trato directo, que tira de "retranca" nos plenos e que fuxe das confrontacións. Neste senso, congratúlase de ter aprobado numerosas mocións por unanimidade. 

Que balance fai dos seus primeiros 100 días de goberno?

Foron 100 días de moita dedicación e atención a persoas sen cita previa. Tamén de facer visitas aos núcleos rurais, onde eu antes desenvolvía a miña labor política de cercanía e a onde continúo estando moi unido, xa que coñezo moito as súas debilidades e fortalezas. Por outra banda, no día a día estiven levando a cabo as xestións cotiás cos medios que temos e intentando, pero tamén iniciando novos proxectos.    

Que proxectos se están redactando na actualidade?

Estamos elaborando a marxe dereita da avenida de Ourense, temos memorias valoradas do Parque do Pombal, outra para unha actuación na zona da báscula que, ademais, queremos acondicionar para persoas con dificultade de movemento. Tamén queremos facer unha actuación no punto de confluencia de Curros Enríquez e San Sebastián para ampliar as beirarrúas. Estamos a punto de sacar a concurso a rúa do Peto, de 120.000 euros e, sen dúbida, a gran noticia é poder desatascar a obra da avenida de Celanova, logo de recibirmos o proxecto da Xunta de Galicia. Aínda que algo que me preocupa é o plan de regadío e que se cumpla o compromiso de Fomento coa avenida de Madrid. Tamén estamos ultimando a RPT (relación de postos de traballo), que é unha asignatura pendente deste Concello. 

Foi duro para vostede pasar de ser número dous, a ser o primeiro edil?

Era moito máis cómodo ser concelleiro e tenente de Alcalde de Antonio Pérez, que era unha persoa nova e moi traballadora.  

O seu obxectivo ao comezo era ter boa relación coa oposición. 

Sempre, e os datos así o reflicten. Aceptamos algunas propostas como a presentada polo PSOE sobre a ampliación do parque empresarial ou a de Xinzo Adiante para facer prospeccións en posibles augas mineromedicinais na zona da Lagoa. Todos somos Corporación e penso que hai unha liña de colaboración, aínda con discrepancias políticas. Estou satisfeito e orgulloso da oposición que temos e do seu afán de colaboración. 

Se o ano que vén rematara o seu mandato, que proxecto lle gustaría ter cumplido na súa era? 

Sen dúbida a avenida de Celanova está ben enfocada pero eu teño a espiña de que se cumpla o plan de regadío e o paso adiante que nos prometera Fomento para a avenida de Madrid. 

Será candidato polo PP de Xinzo? 

Estamos á espera de que audiencia absolva a Antonio Pérez. É o mellor alcalde que pode ter Xinzo. Manolo Casas non vai a ser candidato.

Te puede interesar