politica

Manuel Ayuso será o candidato socialista en Trasmiras

Manuel Ayuso.
photo_camera Manuel Ayuso.

O actual portavoz na oposiciónenfronta unha nova etapa ao fronte do PSdeG coa intención de arrebatarlle a alcaldía ao PP

A agrupación municipal socialista de Trasmiras elixiu a Manuel Ayuso como o seu candidato á alcaldía. O actual portavoz na oposición enfronta unha nova etapa ao fronte do PSdeG coa intención de arrebatarlle a alcaldía ao PP. Manuel Ayuso declara que se presenta ás eleccións porque "debemos voltar a converter a Trasmiras nun concello senlleiro na provincia como o foi durante a época do goberno socialista". Engade que “temos que traballar arreo no mantemento de xardíns, estradas, parques e núcleos urbanos e non abandoar a súa sorte á veciñanza"; e recorda que “temos moitos problemas en infraestruturas que non se arranxan. Hai dúas estradas municipais en pésimas condicións e que son un perigo".

Te puede interesar