TERRITORIO

Os Blancos pide a concentración parcelaria de catro parroquias

180926_Vazquez_alcalde Os Blancos (1)_result

O rexedor de Os Blancos, José Manuel Castro, desprazouse ata Santiago de Compostela para trasladarlle á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, a súa proposta de reestructurar unha superficie de case 3.000 hectáreas

O rexedor de Os Blancos, José Manuel Castro, desprazouse ata Santiago de Compostela para trasladarlle á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, a súa proposta de reestructurar unha superficie de case 3.000 hectáreas que inclúen as parroquias de Aguís, Pexeiros, Covas e Guntín, onde predomina a área de monte. 

A responsable autonómica comprometeuse a estudar a solicitude do alcalde, ademais de escoitar, de primeira man, as necesidades e demandas do municipio ourensán en materia de agro. A titular de Medio Rural, que estivo acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, explicoulle a Castro que, coa Lei da Mellora da Estrutura Territorial de Galicia "búscase que estes procesos teñan un interese agrario e beneficien ás explotacións da zona, polo que se analizarán os aproveitamentos que poida ter ese proceso nesas áreas determinadas". 

Ambos dirixentes abordaron  durante a xuntanza as melloras a realizar nas infraestruturas rurais. Nesta liña, o Concello limiao ten adxudicada unha axuda de 30.388 euros para reformar camiños de titularidade municipal a través do Plan Marco, en concreto, en Fontearcada e en Noveas.

Te puede interesar