ECOLOXISMO

O Museo da Limia acollerá charlas sobre ecoloxismo

museo_da_limia_result
photo_camera Acceso principal ao Museo da Limia, no concello de Vilar de Santos.

Será na sala "A Taberna" do Museo de Vilar de Santos e nela abordaránse loitas e cuestións ambientais de actualidade da comarca de A Limia

nCon motivo do 60 aniversario da desecación da Lagoa de Antela, o Museo da Limia, en colaboración co Concello de Vilar de Santos e o local A Arca da Noe, celebrará o vindeiro oito de xullo, a partir das 17,30 horas, a segunda edición de "Conversas na Taberna". Será na sala "A Taberna" do Museo de Vilar de Santos e nela abordaránse loitas e cuestións ambientais de actualidade da comarca de A Limia. "Queremos que sexa unha xuntanza aberta a todo o mundo, que calquera persoa poda ser partícipe na conversa", explicou André Taboada, un dos organizadores da actividade. 

Para este fin, intervirán representantes das principais plataformas en defensa do medio ambiente, como Fernando Domínguez, da plataforma "Non Mais Lumes no Concello de Cualedro": Xoan Carlos Rodríguez, presidente da Sociedade Cultural e Deportiva Fontefría, que abordará a problemática das cianobacterias no Embalse das Conchas;  Odilo Lorenzo, de "Non á Planta Asfáltica en Parada de Ribeira"; Mari Carmen Díaz, da Plataforma "Corno do Monte",e Lola Peláez, en representación de "Amigos das Árbores da Limia".

Te puede interesar