entroido

O Museo do Entroido inicia un programa especial de visitas

Os alumnos dos dous colexios de Xinzo farán unha visita guiada polos técnicos do museo que, en colaboración coa Asociación Cultural a Pantalla, abordarán a tradición e a historia da Pantalla da Limia

Os responsables do Museo Galego do Entroido de Xinzo levarán a cabo un programa especial de visitas, que se iniciará ao longo da vindeira semana. 

Con motivo da celebración da festividade do Entroido, os alumnos dos dous colexios de Xinzo farán unha visita guiada polos técnicos do museo que, en colaboración coa Asociación Cultural a Pantalla, abordarán a tradición e a historia da Pantalla da Limia. 

Por outra banda, ao redor de 40 visitantes, procedentes do concello de Oleiros, tamén se achegarán ata o Museo neste mes de febreiro. 

Te puede interesar