ENCONTRO

O Museo Etnográfico da Limia acollerá o sábado o I Encontro na Raia

o encontro inclúe conferencias, un concerto, recitado de poesía, presentación dun libro, postos de librería e un concerto

O Museo Ernográfico da Limia, ubicado no concello de Vilar de Santos, acollerá o vindeiro fin de semana o I Encontro na Raia. O museo, xunto coa taberna e espazo cultural a Arca da Noe e o Instituto Galego de Estudos Internacionais pela Paz (Igesip), desenvolverán ao longo da xornada do sábado, día 29 de outubro, unha programación chea de actividades, que inclúen conferencias, recitado de poesía, presentación de libros, postos de librerías e concerto.

O encontro abrirase no Museo da Límia onde, a partir das 10,30 horas, se presentarán catro conferencias. Entre as 10,30 e as 11,30 Artur Alonso Novelle falará sobre "A tripla libertaçao". Entre as 11,45 e as 12,45 intervirá o portugués Rhicardo Manuel Ribeiro, que abordará o tema "A Sinarquía, novo modelo social de uniao com a Lei Natural". Xa pola tarde, entre as 17,00 e as 18,00 horas, Joam Evans Pins  disertará sobre "Couto misto? O país das 4.000 repúblicas". Pecha este programa de intervencións Xabier Xil Xardón, con "Recitado. O telexornal das 19,00 horas".

Na taberna A Arca da Noe, ás 20,30 horas, o brasileiro Jairo Mozart disertará sobre "Diversidade indígena. Raíces culturais e espiritualidade nativa". A continuación, ás 21,30 horas, Concha Rousia presentará o libro de poemas "Se os carbalhos falassen". E a partir das 22,00 horas, concerto a cargo dos brasileiros Fred Martíns&Jairo Mozart.

Te puede interesar