TURISMO

O nacemento do río Limia convértese nun punto turístico

É unha parada tradicional para os peregrinos que recorren o Camiño de Santiago. 

O nacemento do río Limia no Monte Talariño de Sarreaus estase a converter, aos poucos, nun punto de interese turístico. Parada tradicional para os peregrinos que recorren o Camiño de Santiago, cada vez son máis os curiosos que acuden a visitalo. Ademáis, nos últimos tempos apreciase un especial interese dende o outro lado da raia, con turistas portugueses interesados en observar de primeira man como nace a auga na terra e como parte monte abaixo dando lugar ó nacemento do río. 

Para chegar a él compre, dende a aldea de Paradiña, dirixirse ata o treito por onde pasa o Camiño de Santiago e avanzar por el cara Vilar de Barrio. O lugar está ben sinalizado tras as labores de mellora e limpeza levadas a cabo hai uns anos polo Concello de Sarreaus. 
 

Te puede interesar