vivenda

Nova fase para rehabilitar casas en Vilar de Santos

_vilar_de_santos_1_result
photo_camera Imaxe das vivendas que se atopan dentro da Área de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos.

Fomento e Xunta destinarán 50.000 euros en catro vivendas do Concello 

Vilar de Santos abordará neste 2018 unha nova fase dentro do seu programa de Rehabilitación de Vivendas, promovido e financiado polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia, o propio Concello e os propietarios das vivendas interesadas.

Esta nova anualidade permitirá afrontar actuacións en catro novos inmobles que se atopan no ámbito da Área de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos. O Ministerio de Fomento achegará a cantidade de 41.200 euros para estas obras, e a Xunta de Galicia aportará uns 11.800 euros. O plazo para que os propietarios poidan solicitar estas axudas estará vixente ata o vindeiro 28 de febreiro. O Concello de Vilar de Santos canalizará toda a información e a xestión das axudas a través da Oficina de Rehabilitación. A súa principal función será a de ofrecer un asesoramento técnico continuado, coordinar as actuacións de rehabilitación, redacción de informes e memorias de obras, así como a tramitar toda a documentación vencellada coas actuacións.

A Área de Rehabilitación Integral (ARI), agora denominada Área de Rexeneración e Renovación Urbana de Vilar de Santos foi delimitada o 21 de xuño de 2011 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e abarca un ámbito de 148.000 metros cadrados. Na primeira fase da ARI, rematada no ano 2015, aprobáronse as bases reguladoras da primeira convocatoria de subvencións para unha  rehabilitación que permitiu facer actuacións en 11 vivendas. Unha nova fase en 2016 promoveu obras en tres vivendas máis e, durante a anualidade de 2017, rehabilitouse unha nova vivenda.

A ARI de Vilar de Santos foi unha actuación pioneira e innovadora e a única destas características na provincia de Ourense, xa que outras correspóndense con núcleos históricos e cidades.

Te puede interesar