A LIMIAO evento comezará ás 09,30 horas da mañá na Estación de Servizo Antela,

Nova xornada para recuperar a Lagoa de Antela o vindeiro sábado

O evento comezará ás 09,30 horas da mañá na Estación de Servizo Antela,

A Sociedade Galega de Historia Natural promoverá unha nova xornada de limpeza na Limia para este sábado, día 14 de abril. Os ecoloxistas retornarán á veiga de Gomareite para culminar a fase de limpeza incluída no programa "Libera". A actividade estará aberta a socios e a todas as persoas que queiran traballar a prol da recuperación da Lagoa de Antela. 

O evento comezará ás 09,30 horas da mañá na Estación de Servizo Antela, lugar no que se informará aos asistentes dos avances no programa "Libera" e os pasos a seguir para acadar a subvención económica que outorga, así como os obxectivos concretos da xornada. 

Os traballos, que está previsto que comecen ás 10,00 horas da mañá, centraranse na recollida de lixo -sobre todo plásticos- e na súa carga en contenedores para facer a entrega dos mesmos nun xestor autorizado. Na actividade tamén se cortará algunha vexetación para acceder a eses refugallos. 

Dende a Sociedade Galega de Historia Natural recomendan levar botas de goma e luvas para poder traballar nas zonas máis encharcadas.

Te puede interesar